Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2023 Páx. 29862

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ribeira (expediente-e IN407A 2022/267-1).

Expediente-e: IN407A 2022/267-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Regulamentación do centro de transformación Touro (15CZ11).

Concello: Ribeira.

Feitos:

1. O día 6 de setembro de 2022 a empresa promotora solicita ante esta xefatura territorial a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de axeitar o estado do centro de transformación CT Touro (15CZ11, expediente: IN407A 2016/2850-1), localizado no concello de Ribeira, por mor do mal estado da súa aparellaxe. Proxéctase a súa reforma.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución denominado Regulamentación centro de transformación Touro (15CZ11), asinado o 17 de maio do 2022 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico con número colexial LE-1010.

• Anexo: asinado o 1 de xuño de 2022 por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial con número colexial 15.670 de Madrid.

• Anexo: asinado o 30 de xaneiro do 2023 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico con número colexial LE-1010.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte os artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidese prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselle o preceptivo informe ao Concello de Touro. No día desta resolución non consta no expediente resposta do organismo afectado, é dicir, o concello, á solicitude do condicionado solicitado.

4. Con data 17 de marzo de 2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o establecido no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. A lexislación para aplicar neste expediente é a que a seguir se relaciona:

1) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instruccións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Reforma do CT Touro (15CZ11, expediente: IN407A 2016/2850-1) de 400 kVA de potencia, mantido pola LMT PMR817 CR Fontán 17, procedente da subestación Palmeira, instalado en local de obra civil:

• Desmontaxe do transformador e da aparellaxe actual.

• Saneamento e pintado de paredes e teito do interior da edificación, así como a restauración do tellado e pintado exterior do edificio.

• Substitución da porta de acceso.

• Instalación de mallazo e formigonado do chan.

• Construción de bancada de obra civil para acometida de cabos e foxo para a recollida de aceite debaixo do transformador.

• Instalación dun centro de transformación compacto manobra exterior 2L+1P telecontrolado de 400 kVA/20 kV no edificio actual.

• Nova acometida en media tensión en cabo illado RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x240).

• Colocación de perfís UPN-120 antivibracións para a suxeición das rodas do transformador.

• Instalación de placa de condución de aire.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación de distribución eléctrica indicada.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal se xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 25 de abril do 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña