Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2023 Páx. 29856

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 19 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Outes (expediente IN407A 2022/374-1).

Expediente: IN407A 2022/374-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMT TA2-808-apoios de 9LJHI14A//54-A-12-1 a 9LETLLNF//54-A-12-4.

Concello: Outes.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña TA2-808 autorizado no expediente 34.838, de 774,9 metros de lonxitude en condutores tipo LA-30 e LA-56, comprendido entre os seus apoios nº 54-A-12 (matrícula: 9LKB7DXB) de formigón tipo AM-AL-HV-630/12-B1-CAI e nº 54-A-12-5-CT (matrícula: 9LEJ5F08) de formigón tipo FL-HV-1000/11-CR1-CAI, que sirve de soporte ao CT Outes III (matrícula: 15XK92), consistente en:

– Desconexión e desmonte do condutor tipo LA-56, no treito de 444 metros de lonxitude comprendido entre os actuais apoios nº 54-A-12-1 e nº 54-A-12-3.

– Desconexión e desmonte dos elementos de protección e manobra tipo XS instalados no actual apoio nº 54-A-12-1.

– Substitución, respectando o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15063C507020250000LP cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 54-A-12 existente, do apoio nº 54-A-12-1 (matrícula: 9LJHI14A) de formigón tipo AM-AL-HV-630/12-BR1-CAI-XS, polo novo apoio metálico tipo celosía AM-C-1000/16-T35/180-CA(CS). Neste novo apoio, proxéctase a reinstalación dos elementos de protección e manobra tipo XS retirados previamente.

– Substitución, respectando o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15063C507020350000LR cun lixeiro desprazamento cara ao actual apoio nº 54-A-12-3, do apoio nº 54-A-12-2 (matrícula: 9LH3WQN3) tipo AM-AG-Presilla-400/14-CR1-CAI, polo novo apoio metálico tipo celosía AM-C-1000/16-T35/180-CA(CS).

– Substitución, respectando o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15063C507019500000LQ cun lixeiro desprazamento cara ao actual apoio nº 54-A-12-4, do apoio nº 54-A-12-3 (matrícula: 9LG2QXCN) metálico tipo chapa AM-AL-CH-400/11-BR1-CAI, polo novo apoio metálico tipo AM-C-1000/16-C40R-CA(CS).

– Substitución, dentro da parcela con referencia catastral 15063C507018190000LP cun lixeiro desprazamento cara ao actual apoio nº 54-A-12-5-CT coa finalidade de respectar a zona de policía do río Outes, do apoio nº 54-A-12-4 (matrícula: 9LETLLNF) de formigón tipo AM-AL-HV-400/13-CR1-CAI, polo novo apoio metálico tipo FL-C-3000/16-C40R-CA(CS).

– Instalación de novo condutor tipo LA-56, no treito da LMT TA2-808 de 443,7 metros de lonxitude comprendido entre os novos apoios nº 54-A-12-1 e nº 54-A-12-3 proxectados.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van da liña TA2-808 de 86,7 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 54-A-12 existente e o novo apoio nº 54-A-12-1 proxectado.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no treito da liña TA2-807 de 244,5 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 54-A-12-3 proxectado e o apoio nº 54-A-12-5-CT existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte.

A Coruña, 19 de abril de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Regulamentación LMT TA2-808-apoios de 9LJHI14A//54-A-12-1 a 9LETLLNF//54-A-12-4

Relación de bens e dereitos afectados-Concello de Outes

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Joaquina Ferreiro Lourido

15063C507020250000LP

Polígono 507, parcela 2025

Agro Chan

Novo apoio nº 54-A-12-1

2

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

4

Descoñecido

15063C507018190000LP

Polígono 507, parcela 1819

O Prado

Novo apoio nº 54-A-12-4

2

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías