Expediente: IN407A 2022/182-1.
Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: instalación de telecontrol en LMT PDS-805-apoio 9J9LXES6//11-B-1.
Concello: Porto do Son.
1. Características técnicas:
Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña PDS-805 autorizado no expediente 52.170, de 190,8 metros de lonxitude en condutores tipo LA-30 e LA-56, comprendido entre os seus apoios nº 11 (matrícula: 9JANUNA) metálico de celosía tipo AM-AG-C-T35-CAI e nº 11-B-2 (matrícula: 9J853BDF) de formigón tipo S-AL-HV-630/15-B1-CSRIII, consistente en:
– Substitución, respectando o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15072A502021810000OT cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 11-B-2, do apoio nº 11-B-1 (matrícula: 9J9LXES6) de formigón tipo AM-AG-HV-1000/13-CR1-CAI, polo novo apoio metálico tipo celosía AC-C-3000/14-H35-CA(CS) en que se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.
– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van da liña PDS-805 de 60,5 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 11 existente e o novo apoio nº 11-B-1 proxectado.
– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no van da liña PDS-805 de 130,3 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 11-B-1 proxectado e o apoio nº 11-B-2 existente.
– As anteriores operacións implicarán a desconexión e desmonte dos elementos de protección e manobra tipo XS actualmente instalados no apoio nº 11-B-1 da LMT PDS-805.
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:
https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
A Coruña, 18 de abril de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Denominación: instalación de telecontrol en LMT PDS-805-apoio 9J9LXES6//11-B-1.
Concello: Porto do Son.
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios) |
LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
Nº do apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
1 |
José Sobrado Parada |
15072A502021810000OT Polígono 502, parcela 2181 |
Cortiña do Visón |
Novo apoio nº 11-B-1 |
2 |
Rústico. Agrario. Prados ou pradarías |