Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2023 Páx. 29884

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 11 de maio de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, da exposición pública do anteproxecto de Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 7 do Decreto 111/1984, do 25 de maio, polo que se aproba o Regulamento de réxime interior da Xunta de Galicia, a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación pon á disposición pública o anteproxecto de Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia.

O texto do anteproxecto de lei poderase consultar no Portal de transparencia e goberno aberto da Xunta de Galicia, na seguinte ligazón: https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions

As organizacións, as asociacións e a cidadanía, en xeral, poden facer as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que consideren oportunas a este anteproxecto de lei ata o 6 de xuño de 2023.

As referidas proposicións, suxestións ou recomendacións poderán realizarse a través do formulario disposto para este fin na ligazón do portal indicado. Así mesmo, poderán presentarse nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2023

Pablo Casal Espido
Secretario xeral técnico da Vicepresidencia Primeira
e Consellería de Economía, Industria e Innovación