Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2023 Páx. 29910

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle para axuste de aliñación sinalado polo Plan xeral vixente na rúa Fornos (2022/PLANEAM/000027-FG 714).

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de marzo de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o estudo de detalle para axuste de aliñación sinalado polo Plan xeral vixente na rúa Fornos (Documento R.E. 2023004304, do 13.3.2023).

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello www.oleiros.org

Oleiros, 13 de abril de 2023

Ángel García Seoane
Alcalde presidente