BDNS (Identif.): 693299.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Persoas beneficiarias
Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou de grao relacionada coa filoloxía galega ou coa tradución e interpretación e cumpran un número mínimo de créditos en materias de galego e do idioma oficial do país onde radique o destino que solicita ou, no canto deste, en materias de inglés.
Segundo. Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, once bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados en distintas universidades estranxeiras.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 28 de abril de 2023 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para 2023 (código de procedemento PL500E).
Cuarto. Contía
Importe total da convocatoria: 550.464,84 €. Dos que 529.164,00 € se destinarán ao pagamento das bolsas dos lectores e 21.300,84 € á liquidación da cota patronal á Seguridade Social.
O importe íntegro mensual das bolsas obxecto desta convocatoria é o seguinte:
• 1.225,00 €, para aqueles lectorados localizados en universidades españolas.
• 1.378,00 €, para aqueles lectorados localizados en universidades estranxeiras.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 28 de abril de 2023
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación
Profesional e Universidades