Convocada mediante a Resolución do 15 de marzo de 2023 (DOG núm. 58, do 23 de marzo) a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de xefe/a da Unidade de Atención Primaria, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,
ACORDA:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de dous postos de persoal licenciado sanitario (xefe/a da Unidade de Atención Primaria), anunciado mediante a Resolución do 15 de marzo de 2023 (DOG núm. 58, do 23 de marzo).
Segundo. Nomear, no posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.
Terceiro. Declarar deserto o posto de xefe/a da Unidade de Atención Primaria de Salvaterra.
Cuarto. Contra esta resolución poderase interpoñer, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, un recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
Vigo, 4 de maio de 2023
Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo
ANEXO
Posto de traballo: xefa da Unidade de Atención Primaria de Mos.
Nome e apelidos: María de los Ángeles Lora Sánchez.
DNI: ***3372**.