Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2023 Páx. 29545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 20 de abril de 2023 polo que se declara de interese autonómico o proxecto aparcadoiro de vehículos pesados na ligazón da Balsa, da VG-20 coa PO-010, que dea servizo ao polígono de Balaídos (Vigo).

En cumprimento do disposto no artigo 42.4 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, a Dirección Xeral de Mobilidade dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 20 de abril de 2023, polo que se declara de interese autonómico o proxecto aparcadoiro de vehículos pesados na ligazón da Balsa, da VG-20 coa PO-010, que dea servizo ao Polígono de Balaídos (Vigo), que figura como anexo a esta resolución.

Contra o devandito acordo do Consello da Xunta de Galicia, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2023

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 20 de abril de 2023 polo que se declara de interese autonómico o proxecto do aparcadoiro de vehículos pesados na ligazón da Balsa, da VG-20 coa PO-010, que dea servizo ao Polígono de Balaídos (Vigo)

Primeiro. Declarar de interese autonómico o proxecto do aparcadoiro de vehículos pesados na ligazón da Balsa, da VG-20 coa PO-010, que dea servizo ao Polígono de Balaídos (Vigo), por considerar que transcende o ámbito municipal, pola súa incidencia territorial e polas súas singularidades características que o fan portador dun interese supramunicipal cualificado.

Segundo. Designar a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade como competente para a tramitación do procedemento de aprobación do proxecto.

As actuacións previstas no proxecto contribúen ao desenvolvemento das políticas autonómicas sectoriais de seguridade viaria e de operatividade loxística de mercadorías, que inciden no desenvolvemento económico, social e territorial de Galicia.

A declaración de interese autonómico é necesaria para garantir a adecuada inserción no territorio das actuacións que constitúen o obxecto da proposta, a súa conexión coas redes e servizos correspondentes, sen menoscabo da funcionalidade dos existentes e a súa adaptación á contorna en que se localicen.