Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2023 Páx. 29549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Cobas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña), para ser notificado por comparecencia de resolucións que modifican o acordo.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), un propietario da zona de concentración parcelaria de Cobas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia de resolucións que modifican o acordo

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Poderá consultar o expediente nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 35, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 27 de abril de 2023

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Núm. prop.

DNI/nome

Acto notificado

494

32597895H

RDX 17.2.2023

RDX 31.3.2023