Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2023 Páx. 29204

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 25 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lle notifica á persoa solicitante do dereito de asistencia xurídica gratuíta o requirimento de documentación acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo no expediente PR204A 2023/ 1592-2.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación personal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de editos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición da persoa interesada na sede da Comisión de Asistencia Xurídica gratuíta en Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non o cumprir, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.

O prazo de que dispón a persoa solicitante do dereito para achegar a documentación requirida é de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de editos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará resolución, que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.

Lugo, 25 de abril de 2023

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

PR204A2023/1592-2

Pedro Miguel Pinto Rivera