Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2023 Páx. 29170

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 17 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ordes (expediente IN407A 2022/176-1).

Expediente: IN407A 2022/176-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol en LMT MEI-809, apoio AF6G5BWJ//66-B2.

Concello: Ordes.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar o seu actual trazado, do treito da liña MEI-809 autorizado nos expedientes 35.021 e 52.314, de 233,3 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre os seus apoios nº 66-B1 (matrícula AF5N7E3) de formigón tipo AM-AG-HV-630/13-CR1-CAI e nº 66-B4 (matrícula AFABT90H) de formigón tipo AM-AL-HV-1000/13-CR1-CAI, consistente en:

– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15060A042000630000BR, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 66-B1, do apoio nº 66-B2 (matrícula: AF6G5BWJ) de formigón tipo HV-400/12-B1-CAI, polo novo apoio metálico tipo celosía AC-C-2000/12-H35-CAIII, no cal se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15060A042000780000BB, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 66-B4, do apoio nº 66-B3 (matrícula: AF8P7W8T) de formigón tipo HV-315/12-B2-CSRI, polo novo apoio metálico tipo celosía AC-C-1000/14-H35-CAIII(CS).

– Instalación, tras da retirada do condutor LA-30 existente, de novo condutor tipo LA-56 no novo van de 117,7 metros de lonxitude, que se formará entre os novos apoios nº 66-B2 e nº 66-B3 proxectados.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van da liña MEI-809 de 35,3 metros de lonxitude, comprendido entre o apoio nº 66-B1 existente e o novo apoio nº 66-B2 proxectado.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van da liña MEI-809 de 80,2 metros de lonxitude, comprendido entre o novo apoio nº 66-B3 proxectado e o apoio nº 66-B4 existente.

– As anteriores operacións implicarán a desconexión e desmonte dos elementos de protección e manobra tipo XS actualmente instalados no apoio nº 66 da LMT MEI-809.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19.3.2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 17 de abril de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados, concello de Ordes

Instalación de telecontrol en LMT MEI-809, apoio AF6G5BWJ//66-B2

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT e CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

María del Carmen

Martínez Martínez

15060A042000630000BR

Polígono 42, parcela 63

Lugar de Esmorís

Novo apoio

nº 66-B2

2

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño

2

Antonio Vilariño

Ramuiñán

15060A042000780000BB

Polígono 42, parcela 78

Lugar de Esmorís

Novo apoio

nº 66-B3

2

Rústico. Agrario.