Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2023 Páx. 29098

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2023 pola que se publican os convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre de 2023.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícase a relación dos convenios de colaboración que asinou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no primeiro cuadrimestre de 2023, que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da sinatura

Achega

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Miguel de Orbazai

Convenio para concesión dunha subvención directa entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Miguel de Orbazai para a reparación de escaleiras e pasarela pilotada de madeira, dentro da categoría de «Promoción e posta en valor da contorna natural da comarca»

19.1.2023

30.855,00 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e o Concello de Vilarmaior

Convenio para concesión dunha subvención directa entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e o Concello de Vilarmaior para o proxecto senlleiro de rehabilitación e adecuación da fonte e lavadoiro de Goián, dentro da categoría de «Promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca»

28.3.2023

47.997,76 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e a Sociedade Deportiva Coto de Caza de Remourelle

Convenio para concesión dunha subvención directa entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e a Sociedade Deportiva Coto de Caza de Remourelle para a reconstrución de cuberta e reforma interior da caseta de legoeiros, dentro da categoría de «Promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca»

31.3.2023

159.580,68 €