Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2023 Páx. 29264

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Piñor

ANUNCIO de notificación aos titulares descoñecidos do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se pode determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa ou se ignora o lugar de notificación, os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícase ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa, e retirada de especies arbóreas prohibidas nos parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

5.9.2022

32062A04700096

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

047

00096

Descoñecida

5.9.2022

32062A06200278

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

062

00278

Descoñecida

31.8.2022

32062A06500116

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

065

00116

Descoñecida

31.8.2022

32062A06500119

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

065

00119

Descoñecida

31.8.2022

32062A06500506

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

065

00506

Descoñecida

31.8.2022

32062A06600277

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

066

00277

Descoñecida

31.8.2022

32062A06600278

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

066

00278

Descoñecida

31.8.2022

32062A07800043

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

078

00043

Descoñecida

31.8.2022

32062A07800044

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

078

00044

Descoñecida

31.8.2022

32062A07800046

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

078

00046

Descoñecida

31.8.2022

32062A07800077

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

078

00077

Descoñecida

31.8.2022

32062A07800156

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

078

00156

Descoñecida

1.9.2022

32062A08400078

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

084

00078

Descoñecida

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección de referencia se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada 3 meses, cuxa contía será de 900,00 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área fose inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización pola Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima para impoñer por multa coercitiva será de 100,00 euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e da retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento no que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria e será notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

2021/32062A04700096

32062A04700096

0,0290

3.545,82 €

102,81 €

2021/32062A06200278

32062A06200278

0,0356

2.056,00 €

73,25 €

2021/32062A06500116

32062A06500116

0,0857

2.056,00 €

176,19 €

2021/32062A06500119

32062A06500119

0,0397

874,91 €

34,77 €

2021/32062A06500506

32062A06500506

0,0358

2.056,00 €

73,59 €

2021/32062A06600277

32062A06600277

0,0195

3.545,82 €

69,19 €

2021/32062A06600278

32062A06600278

0,0170

3.545,82 €

60,35 €

2021/32062A07800043

32062A07800043

0,0132

2.056,00 €

27,11 €

2021/32062A07800044

32062A07800044

0,0256

2.056,00 €

52,56 €

2021/32062A07800046

32062A07800046

0,0050

2.056,00 €

10,21 €

2021/32062A07800077

32062A07800077

0,0833

874,91 €

72,90 €

2021/32062A07800156

32062A07800156

0,0512

2.056,00 €

105,16 €

2021/32062A08400078

32062A08400078

0,0013

2.056,00 €

2,77 €

4º. A falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no que poderán adoptarse medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e da retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a. A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Piñor, 13 de abril de 2023

José Luis González Rodríguez
Alcalde