Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2023 Páx. 29111

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 8 de maio de 2023 polo que se fai pública a distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral, nos medios de comunicación de titularidade pública, a favor das entidades políticas concorrentes ás eleccións locais convocadas polo Real decreto 207/2023, do 3 de abril, efectuada pola Comisión de Radio e Televisión e aprobada por esta xunta electoral provincial o 8 de maio.

Acordo do 8 de maio de 2023 polo que se fai pública a distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral, nos medios de comunicación de titularidade pública, a favor das entidades políticas concorrentes ás eleccións locais convocadas polo Real decreto 207/2023, do 3 de abril, efectuada pola Comisión de Radio e Televisión e aprobada por esta xunta electoral provincial o 8 de maio.

En cumprimento do previsto na Instrución 4/2011, do 24 de marzo, da XEC, de interpretación do artigo 66 da LOREG no relativo ás garantías de respecto aos principios de pluralismo, igualdade, proporcionalidade e neutralidade informativa polos medios de comunicación en período electoral, acorda a publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio de aprobación da proposta de distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral, nos medios de comunicación de titularidade pública Ames Radio, Radio Arzúa, RTVE Cerceda, Radio Culleredo, Radio Fene, Radio Melide, Radio Negreira, Radio Xallas e RTVE Eume-As Pontes, efectuada pola Comisión de Radio e Televisión o día 8 de maio, a favor das entidades políticas concorrentes ás eleccións locais convocadas polo Real decreto 207/2023, do 3 de abril, co fin de que as entidades políticas que se consideren afectadas poidan examinar a dita proposta e os seus antecedentes, na Secretaría desta xunta, no prazo preclusivo do día seguinte ao da publicación do acordo e formular ante esta xunta electoral, dentro do mesmo prazo, as reclamacións ou recursos que coiden oportunos.

A Coruña, 8 de maio de 2023

Emilio-Benjamín Fernández Castro
Secretario da Xunta Electoral Provincial da Coruña