Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2023 Páx. 29211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 26 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego (lote 316).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícaselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador, outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegaren o que consideren conveniente e presentaren a documentación que xulguen oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderá interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44 parágrafo segundo da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 26 de abril de 2023

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

36130537K

36130537K/21-02-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

36138865T

36138865T/20-03-2023/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

53196429M

53196429M/17-03-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

Y8005328P

Y8005328P/15-02-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

35435460G

35435460G/12-01-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vilanova de Arousa

35453309M

35453309M/19-01-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vilagarcía de Arousa

35463104W

35463104W/22-12-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vilagarcía de Arousa

36112325W

36112325W/05-12-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

39487025G

39487025G/11-07-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

53181407W

53181407W/21-10-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

Y2083008G

Y2083008G/21-07-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Pontevedra