Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2023 Páx. 28876

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 24 de abril 2023 pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008 (DOG do 13 de novembro), pola que se dispón a publicación do Regulamento interno de organización e funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo.

Facendo uso da posibilidade de substitución que recolle o artigo 7 da dita resolución, a Confederación de Empresarios de Galicia acordou o nomeamento dun membro titular e dun membro suplente do Pleno do Consello de Relacións Laborais.

Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo un. Nomear membro titular do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a José Carlos García Cumplido en substitución de Carlos Oliete Fernández.

Artigo dous. Nomear membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a María del Mar Barreiro Mariño en substitución de Marta Amate López.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2023

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade