Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2023 Páx. 29217

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de plans de reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia (expediente 15/2014/003).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Segundo o establecido no artigo indicado, o acto será publicado no Boletín Oficial del Estado, e a súa eficacia quedará supeditada a esa publicación.

O acto foi adoptado polo secretario xeral técnico, por delegación do conselleiro do Medio Rural (Orde do 17 de novembro de 2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro).

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Explotacións Agrarias da Consellería do Medio Rural, sita no Edificio Administrativo de San Caetano, nº 4, 2º andar (Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2023

José Silvestre Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Expediente: plans de reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia e convócanse para o ano 2014 (DOG núm. 70, do 10 de abril).

Persoa interesada: 44808200Z.

Acto de notificación: acordo de inicio para declarar a perda do dereito ao cobramento relativo a unha subvención concedida ao abeiro da Orde do 31 de marzo de 2014, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión de viñedo en Galicia e se convocan para o ano 2014 (DOG núm. 70, do 10 de abril).