Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2023 Páx. 28785

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello das Neves (expediente IN407A 2023/168-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: Avenida de América, nº 38, 28028 Madrid.

Denominación: ampliación de potencia do CTI Portela 36AJ65 e substitución dun apoio.

Situación: As Neves.

Características técnicas:

Substitución do apoio AFW3TC1W//53-24-3 da LMT SAL8033233, en que está instalado o centro de transformación intemperie Portela 36AJ65, por un C-2000/14, situado nas parcelas con referencia catastral 36034A123001610000WW e 36034A123001470000WX.

Substitución do centro de transformación intemperie Portela 36AJ65 de 50 kVA por un de 100 kVA, con RT 20 kV/400 V, instalado no apoio proxectado C-2000/14.

Retensado do van contiguo ao apoio proxectado C-2000/14 (99 metros LA-30).

A instalación está situada en San Xosé de Ribarteme, no concello das Neves (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 14 de abril de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/168-4.

Denominación: ampliación de potencia do CTI Portela 36AJ65 e substitución dun apoio.

Concello: As Neves.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

1

Veiga da Fonte

Rústico

36034A123001610000WW

Descoñecido/a

1

0,94

2

Veiga da Fonte

Rústico

36034A123001470000WX

Descoñecido/a

2

0,50