Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2023 Páx. 28698

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2023 pola que se modifica a Resolución do 5 de xullo de 2010 pola que se fai pública a composición e o funcionamento da mesa de contratación permanente nesta universidade.

Mediante a Resolución reitoral do 5 de xullo de 2010 (DOG nº 140, do 23 de xullo) foi establecida a composición permanente da mesa de contratación da Universidade de Vigo e fixáronse as súas normas de funcionamento.

Posteriormente, pola Resolución reitoral do 20 de xuño de 2018 (DOG nº 123, do 28 de xuño) modifícase o punto primeiro da devandita resolución e establécese unha nova composición da mesa de contratación. Respecto diso, e dado o novo deseño de competencias, considérase oportuno cambiar as persoas designadas para presidir a mesa de contratación e un vogal.

Por todo o anteriormente exposto, acórdase ditar a seguinte resolución:

Modificar o punto primeiro da Resolución do 5 de xullo de 2010 (na redacción dada pola Resolución reitoral do 20 de xuño de 2018) pola que se fai pública a composición e o funcionamento da mesa de contratación permanente da Universidade de Vigo no parágrafo relativo á persoa que exercerá os labores de presidencia, que queda redactado nos seguintes termos:

«Presidente/a: a persoa que ocupe a dirección da Área de Infraestructuras e Prevención de Riscos Laborais, que poderá ser suplida en caso de vacante, ausencia ou enfermidade pola persoa que designe o reitor».

Esta resolución entrará en vigor desde a súa publicación no perfil do contratante da Universidade de Vigo, segundo o disposto no artigo 21 do Real decreto 817/2009.

Vigo, 28 de abril de 2023

Manuel J. Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo