Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2023 Páx. 28819

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Soutomaior

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa pola execución do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a implantación dun centro de saúde.

O Pleno deste concello, en sesión do 30 de marzo de 2023, aprobou inicialmente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola execución do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a implantación dun centro de saúde en Soutomaior, redactado pola empresa Estudio Técnico Gallego, S.A. en marzo de 2023.

De acordo co previsto no artigo 118.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública a documentación do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola execución do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a implantación dun centro de saúde en Soutomaior, polo prazo dun mes, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período quedará o expediente á disposición de calquera que o queira examinar ou obter copias, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade e/ou valoración dos seus respectivos dereitos, e estará á disposición dos/das interesados/as na sede electrónica deste concello: http://soutomaior.sedelectronica.es

O presente anuncio servirá de notificación aos interesados, no caso de que non se poida efectuar a notificación persoal do outorgamento do trámite de audiencia.

Soutomaior, 17 de abril de 2023

Agustín Reguera Ocampo
Alcalde