Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2023 Páx. 28799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 26 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o levantamento da suspensión do expediente sancionador na orde social RL 2018/161-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por medios telemáticos e por correo certificado aos titulares da empresa citada no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio o levantamento da suspensión no correspondente expediente sancionador.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A interesada dispón do prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para alegaren o que consideren oportuno.

A Coruña, 26 de abril de 2023

Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: RL 2018/161-1.

Acta inf. nº: I152018000030852.

Empresa: Encapsulantes de Valor Añadido, S.A.

NIF: A84787506.

Concello: As Pontes de García Rodríguez.

Materia: seguridade e saúde.

Data da comunicación: 14 de abril de 2023.