De acordo co previsto no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispoño dar publicidade dos convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral de Medios dentro do primeiro cuadrimestre do ano 2023, que se incorporan como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 2 de maio de 2023
Silvia Valdés Díaz de Freijo
Secretaria xeral de Medios
ANEXO
Descrición |
Importe (euros) |
Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas do alumnado da Facultade de Ciencias da Comunicación nos gabinetes de prensa da Xunta de Galicia. |
1.191,00 |
Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas do alumnado da Facultade de Ciencias da Comunicación nos gabinetes de prensa da Xunta de Galicia. |
14.292,00 |
Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas do alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación nos gabinetes de prensa da Xunta de Galicia. |
1.191,00 |