Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2023 Páx. 28549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2022/180 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionaria: Begasa.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: LMT e CS para NS 66081 Factoría 118 de Heus.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas principais:

• LMT soterrada a 20 kV, con orixe nunha cela do CT 7447 Ceao 5 e final nunha cela do CT 12945 Ceao 12, cunha lonxitude de 137 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm existente desprazado.

• LMT soterrada a 20 kV, con orixe nunha cela do CT 12736 Ceao 14 e final nunha cela do CT 14150 rúa do Vidro, cunha lonxitude de 144 metros en condutor tipo RHZ1-150 mm existente desprazado.

• LMT soterrada a 20 kV, con orixe nunha cela do CS proxectado De Heus e final nunha cela do CT particular 14904 Leche Pascual, cunha lonxitude de 10 metros en condutor tipo RHZ1-95 mm existente desprazado.

• CS prefabricado De Heus de manobra interior, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de interruptor automático.

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 43.446,84 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Lugo.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 25 de abril de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo