Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2023 Páx. 28293

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 2 de maio de 2023 polo que se designa a Comisión de Radio e Televisión para as eleccións locais, convocadas polo Real decreto 207/2023, do 3 de abril.

A Xunta Electoral Provincial, en reunión do día 2 de maio, á vista da delegación efectuada pola Xunta Electoral Central por medio da Instrución núm. 4/2023, do 26 de abril (BOE núm. 100, do 27 de abril de 2023), acordou designar a Comisión de Radio e Televisión en relación coas eleccións locais, convocadas polo Real decreto 207/2023, e á cal, conforme dispón o artigo 65.5 da Lei orgánica do réxime electoral xeral, corresponde, baixo a dirección desta Xunta Electoral Provincial, efectuar a proposta de distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral nos medios de comunicación de titularidade pública de ámbito rexional.

A Comisión de Radio e Televisión constituíuse e está formada polas seguintes persoas:

– Polo Partido Popular, Antón Baldomir Vilela, con DNI 46912025Y, presidente.

– Polo Bloque Nacionalista Galego, Silvia Seixas Naia, con DNI 79319155K, vogal secretaria.

– Polo Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE, Francisco Suárez Fernández, con DNI 79315216S, vogal.

– Pola Coalición Podemos-Esquerda Unida, María José Díaz Rodríguez, con DNI 02638147R, vogal.

A Coruña, 2 de maio de 2023

Emilio Benjamín Fernández Castro
Secretario da Xunta Electoral Provincial