Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2023 Páx. 28556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 25 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente de expulsión dun curso de AFD (acción formativa para desempregados).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos únicos (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícaselle a resolución do expediente de expulsión dunha acción formativa para desempregados. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

A persona interesada dispón do prazo de dez días, contados a partir do día siguiente ao da súa publicación no BOE, para comprobar o contido íntegro da resolución nas dependencias da Xefatura Territorial, rúa Gregorio Hernández, 2-4, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 25 de abril de 2023

Judit Fontela Baro
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: expulsión da acción formativa 2022/000827 «Panadaría e bolaría».

Persoa interesada: 47368571W.

Acto da notificación: resolución do expediente de expulsión.