Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2023 Páx. 27995

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 20 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2021/1390-2 e dezaoito máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 20 de abril de 2023

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Parte contraria notificada

Resolución notificada

PR204A2021/1390-2

Juan A. Arias Cabo

Desestimatoria da solicitude

PR204A2023/78-2

Manuel Lombao Lombao

Desestimatoria da solicitude

PR204A2023/817-2

Karen A. Domínguez Muñoz

Estimatoria da solicitude

PR204A2023/935-2

Diana Carolina Giraldo

Estimatoria da solicitude

PR204A2023/967-2

Global Capital Group

Estimatoria da solicitude

PR204A2023/970-2

Club Soc. Dep. Palmeira

Desestimatoria da solicitude

PR204A2023/1014-2

Martín Gómez Fernández

Estimatoria da solicitude

PR204A2023/1025-2

Daniel F. Vega Machado

Estimatoria da solicitude

PR204A2023/1063-2

Ar Obras

Estimatoria da solicitude

PR204A2023/1069-2

Raquel Ruiz Giménez

Estimatoria da solicitude

PR204A2023/1071-2

Julio Gómez Fernández

Estimatoria da solicitude

PR204A2023/1135-2

Serv. Financ. Carrefour

Estimatoria parcial

PR204A2023/1154-2

Watium, S.L.

Estimatoria parcial

PR204A2023/1157-2

Carlos A. Garate Concha

Estimatoria da solicitude

PR204A2023/1165-2

Jeylin C. Sanders Hernández

Estimatoria da solicitude

PR204A2023/1169-2

Comun. Propietarios Noreas 28-32

Estimatoria da solicitude

PR204A2023/1329-2

María I. López Díaz

Estimatoria parcial

PR204A2023/1399-2

G. Cao Ribadeo, S.L.

Estimatoria da solicitude

PR204A2023/1399-2

Gervasio Cao Expósito

Estimatoria da solicitude