Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2023 Páx. 27988

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 24 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fixa nova data para a convocatoria de actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica parque eólico Farrapa II, nos concellos de Abadín e A Pastoriza (expediente 066-EOL).

Esta xefatura territorial acorda fixar os días 9 de maio e 22 de xuño de 2023 como novas datas para a convocatoria de actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica parque eólico Farrapa II, nos concellos de Abadín e A Pastoriza, que foron aprazadas mediante o Acordo do 23 de xaneiro de 2023.

Esta nova data será comunicada a todos os interesados mediante a oportuna notificación individual.

Lugo, 24 de abril de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo