Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2023 Páx. 28015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 19 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente 2017/124-36 e once máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázanse as persoas citadas no anexo para proceder á notificación das resolucións ditadas nos expedientes que se indican no referido anexo instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por ignorarse o lugar de notificación ou por non ser posibles as notificacións no último domicilio que consta nos ditos expedientes tramitados nesta xefatura territorial.

Para o coñecemento íntegro das resolucións, as persoas interesadas por si mesmas ou a través das persoas que legalmente as representen poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra as resolucións poderase interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, desde o día seguinte á notificación da resolución, practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 19 de abril de 2023

Mª José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Núm. de expte.

Interesado/a

Efectos xurídicos

Data da resolución

2017/124-36

78545444S

Deixar sen efecto a medida administrativa e o recurso

23.6.2022

2006/56-36

36095418T

Modificación de medida administrativa e establecemento de recurso

5.9.2022

2006/456-36

36085344T

Mantemento de medida administrativa

14.3.2022

2017/46-36

X9147261T

Mantemento de medida administrativa

17.2.2023

2018/115-36

35579583D

Mantemento de medida administrativa

14.3.2023

2011/306-36

X7544273C

Mantemento de medida administrativa

4.8.2022

2011/306-36

3320918-356/2003

Mantemento de medida administrativa

4.8.2022

2019/63-36

X4090688T

Deixar sen efecto a medida administrativa e o recurso

31.3.2023

2022/45-36

Xácome Guisande Grobas

Deixar sen efecto a medida administrativa e o recurso

17.2.2023

2017/43-36

Óscar Trinchete do Nascimento

Mantemento de medida administrativa

23.2.2023

2022/282-36

Cristiane María Costa Ferreira

Mantemento de medida administrativa

24.2.2023

2023/48-36

Yasmín Barbosa Luz

Mantemento de medida administrativa

6.3.2023