A representación da Asociación Banda de Música Popular de Tui solicita a inscrición da escola de música Escola da Banda de Música Popular de Tui no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade coa Orde do 11 de marzo de 1993, que regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas.
Logo de realizar os trámites que establece a normativa vixente, a Xefatura Territorial de Pontevedra achega o expediente cos correspondentes informes.
Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Inscrición no Rexistro de Escolas de Música
Autorizar a inclusión no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da escola de música que se sinala:
Denominación: escola de música Escola da Banda de Música Popular de Tui.
Provincia: Pontevedra.
Concello: Tui.
Enderezo: A Gándara, s/n.
Localidade: Guillarei.
Código do centro: 36025190.
Titular: Asociación Banda de Música Popular de Tui.
Artigo 2. Réxime xurídico
Esta escola queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 e aos servizos de inspección correspondentes.
Artigo 3. Revisión da autorización
O centro deberá solicitar a oportuna revisión da inscrición cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados nesta orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 21 de abril de 2023
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades