Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2023 Páx. 27931

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 25 de abril de 2023 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se detalla no anexo I desta orde.

Segundo. Poderá concorrer a ela o persoal funcionario de carreira que reúna os requisitos que se exixen para o desempeño do posto e que se especifican no anexo I.

Terceiro. As solicitudes dirixiranse á Axencia Tributaria de Galicia e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos no prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II.

Para achegar a dita solicitude, na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal está dispoñible o formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A, e poderase empregar para a presentación electrónica calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e chave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Cuarto. As persoas aspirantes deberán presentar coa petición un curriculum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Quinto. No caso de que resulte seleccionado para ocupar o posto de traballo persoal funcionario con destino noutra Administración pública, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e as demais disposicións concordantes.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e, de considerarse oportuno, poderá declararse deserto o posto.

Sétimo. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres (3) días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte (20) días hábiles.

O prazo posesorio contarase a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de persoal funcionario doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Octavo. Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela poderase recorrer potestativamente en reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 15.12.2021, DOG do 24 de decembro)
Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio
da Consellería de Facenda e Administración Pública

ANEXO I

Denominación: xefatura da Área de Colaboración Social, Información e Asistencia.

Código do posto: FC.A20.00.003.15770.001.

Nivel: 30.

Complemento específico: 24.428,04 €.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: xeral, escala superior de finanzas.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e comunidades autónomas.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

missing image file