Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2023 Páx. 27580

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 12 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Trazo (expediente IN407A 2023/007-1).

Expediente: IN407A 2023/007-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol na LMT SIG-808-apoio AA0VK4DB//59-B2.

Concello: Trazo.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña SIG-808 autorizado no expediente IN407A 2002/286-1, de 341,5 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre os seus apoios nº 59-B1 (matrícula: AA54HN6V) de formigón tipo AM-AL-HV-630/13-CR1 e nº 59-B3 (matrícula: A9WUPDN5) de formigón tipo S-AL-HV-250/13-B1, consistente en:

– Substitución, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 59-B1 dentro da parcela con referencia catastral 15087A502004380000AI, do apoio nº 59-B2 (matrícula: AA0VK4DB) de formigón tipo S-AL-HV-250/13-B1, polo novo apoio metálico tipo celosía AM-C-1000/16-H4OR-CA(CS) en que se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente), nos vans da liña SIG-808 comprendidos entre o apoio nº 59-B1 existente e o novo apoio nº 59-B2 proxectado e entre este e o apoio nº 59-B3 existente, de 223,2 e 118,4 metros de lonxitude respectivamente.

– As anteriores operacións implicarán a desconexión e desmonte dos elementos de protección e manobra tipo XS existentes no apoio nº 59 da LMT SIG-808 (matrícula: AA8A9EJW), metálico tipo celosía AM-ANG-C-4500/18-CR1.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 12 de abril de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Instalación de telecontrol en LMT SIG-808-apoio AA0VK4DB//59-B2

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Trazo

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Descoñecido

15087A502004380000AI

Polígono 502, parcela 438

Lugar de

Sabuceda

Novo apoio nº 59-B2

2

Rústico. Agrario. Piñeiral madeirable