Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2023 Páx. 27568

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados definitivos de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria.

O vixente Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal licenciado sanitario de atención hospitalaria do Sistema público de saúde de Galicia, publicado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 11 de decembro de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 240, do 18 de decembro), regula na súa base 2.1 a elaboración de listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos temporais, indicando que se actualizarán con carácter periódico.

Na base 4 do referido pacto indícase que na selección temporal do persoal estatutario licenciado sanitario do nivel de atención hospitalaria se aplicarán con carácter xeral as normas establecidas no vixente Pacto sobre a selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 123, do 30 de xuño de 2016), indicando como data de referencia para a elaboración das sucesivas listas o 30 de xuño de cada ano.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 3 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 31, do 14 de febreiro), publicáronse a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as nas diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria do Sistema público de saúde de Galicia.

Finalizado o prazo de impugnación contra a citada resolución e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade co anexo I, base novena, da Resolución do 12 de setembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 181, do 23 de setembro),

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria do Sistema público de saúde de Galicia, reguladas polo vixente Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal licenciado sanitario de atención hospitalaria do Sistema público de saúde de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 240, do 18 de decembro de 2018).

Segundo. As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos