Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2023 Páx. 27412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 17 de abril de 2023 polo que se notifica a resolución do recurso extraordinario de revisión interposto contra a Resolución do 19 de agosto de 2013 recaída no expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/105/2012.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 14 de novembro do 2022, resolución pola que se desestima o recurso extraordinario de revisión interposto contra a Resolución do 19 de agosto de 2013, recaída no expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/105/2012, ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución á persoa interesada con documento nacional de identidade número 36104883N, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica atópase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, á persoa interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística