Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2023 Páx. 27401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 22 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos BS650A e BS650G (expediente 150042422 e tres máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación das resolucións das reclamacións previas ditadas pola xefatura territorial no último domicilio das persoas interesadas sen que estas se puidesen efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notifícanselles as ditas resolucións ás persoas citadas nos anexos, emprazándoas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Xuventude, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para teren coñecemento do contido íntegro das ditas resolucións. Transcorrido o prazo, de non o faceren, teranse por efectuadas as notificacións ao vencemento do dito prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que as notificacións quedarán supeditadas á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Son informadas, como consta nas devanditas resolucións, que esgotan a vía administrativa, e que contra elas poderán interpoñer demanda ante o xulgado do social dentro dos trinta (30) días seguintes á data da súa notificación por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 22 de marzo de 2023

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Resolución

Data da resolución

150042422

53305074K

Estimación

6.3.2023

ANEXO II

Procedemento BS650G

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Resolución

Data da resolución

150085609

35377867A

Desestimación

25.1.2023

150035620

49673391S

Estimación

9.11.2022

150054422

X7670299Y

Desestimación

12.12.2022