Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2023 Páx. 27405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Cures-Boiro (Boiro-A Coruña) para ser notificado por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), emprázase un propietario da zona de concentración parcelaria de Cures-Boiro (Boiro-A Coruña), para ser notificado por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias deste servizo, con cita previa, chamando ao teléfono 981 18 46 35, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados dede o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 14 de abril de 2023

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

Acto notificado

Zona de concentración parcelaria

52455032J

RDX 22.03.2023

Cures-Boiro (Boiro-A Coruña)