Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2023 Páx. 27420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 18 de abril de 2023, da Área Provincial de Turismo da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento TU986D, expediente RITGA-E-2022-012176, competencia desta área provincial.

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación (por dúas veces) da resolución ditada pola directora da Axencia de Turismo de Galicia no enderezo do interesado sen que esta se puidese realizar, notifícaselle a resolución á persoa citada no anexo, emprazándoa para que no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou mediante persoa debidamente acreditada na Área Provincial de Turismo da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2 -2º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro da resolución. Advírteselle de que, de non comparecer, se lle dará por notificada.

Contra esta resolución poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a Axencia de Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 18 de abril de 2023

Ana T. Cimas Hernando
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: vivenda de uso turístico Plaza de San Antonio de Espasante.

Titular: Pablo Juan Sánchez-Blanco Maceira.

Enderezo: praza San Antonio, 1, 1º F.

Concello: 15339 Ortigueira.