Visto que non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 20230021TACO incoado a Y1913090X, de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en diante LPACAP, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Dado que non se publica na súa integridade, de conformidade co artigo 46 da LPACAP, o texto íntegro deste acto administrativo está ao dispor das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga 3, A Coruña (andar 4º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da LPACAP, ten dereito a formular alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa notificación. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.
Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da LPACAP.
A Coruña, 18 de abril de 2023
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 20230021TACO.
DNI/NIF/CIF: Y1913090X.
Último enderezo coñecido: Historiador Vedía 10, 2º, 15004 A Coruña.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria de medidas fronte ao tabaquismo.