Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2023 Páx. 27162

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 14 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de dúas parcelas pola instalación eléctrica Ampliación de potencia do CTI Portela 36AJ65 e substitución dun apoio, prevista no concello das Neves (expediente IN407 2023/168-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultaren descoñecidas as persoas interesadas, notifícanselles a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica Ampliación de potencia do CTI Portela 36AJ65 e substitución dun apoio (expediente IN407 2023/168-4) e as afeccións das parcelas indicadas no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 14 de abril de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/168-4.

Denominación: ampliación de potencia do CTI Portela 36AJ65 e substitución dun apoio.

Concello: As Neves.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

1

Veiga da Fonte

Rústico

36034A123001610000WW

Descoñecido/a

1

0,94

2

Veiga da Fonte

Rústico

36034A123001470000WX

Descoñecido/a

2

0,50