Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2023 Páx. 27153

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ferrol (expediente-e IN407A 2022/3-1).

Expediente-e: IN407A 2022/3-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: LMT, CTC e RBT lugar Cha da Mariña, número 10; no lugar Cha da Mariña.

Concello: Ferrol.

Feitos:

1. O 23 de decembro de 2021, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de dar resposta a unha solicitude de suba de potencia para unha subministración particular no lugar Cha da Mariña, concello de Ferrol. Proxéctase a instalación dun centro de transformación prefabricado de 250 kVA de potencia, o desmantelamento do existente e unha liña de media tensión soterrada para alimentar o novo centro de transformación desde a liña de distribución SMR-723.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución denominados: LMT, CTC, RBT lugar Cha da Mariña, nº 10, asinado o 5 de outubro de 2021 por Susana Casais Pérez. Segundo consta nesta xefatura territorial, a especialidade da proxectista acreditouse mediante a certificación emitida polo Coeticor o 10 de marzo de 2023, en que se sinala que Susana Casais Pérez é enxeñeira técnica industrial, posúe a especialidade en Electricidade, co número colexial 2.033 da Coruña.

• Resposta ao requirimento: asinado o 15 de marzo de 2022 por Susana Casais Pérez, enxeñeira técnica industrial coa especialidade en Electricidade e número colexial 2.033 da Coruña.

• Proxecto de execución nomeado anexo: asinado o 31 de maio de 2022 por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial e número colexial 15.670 de Madrid.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Acordo de información pública: 1 de agosto de 2022.

– DOG: 26 de agosto de 2022.

– BOP: 9 de agosto de 2022.

– Xornal La Voz de Galicia: 9 de agosto de 2022.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal da oficial maior do Concello de Ferrol do 23 de setembro de 2022.

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

3. Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública, o Colexio Oficial de Exeñeiros Industriais de Galicia (iCOIIG) presentou unha alegación. Desta alegación déuselle traslado á empresa promotora que respondeu en defensa dos seus intereses.

4. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, Augas de Galicia-Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Servizo de Patrimonio Cultural-Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Coruña e e o Concello de Ferrol. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polos organismos afectados, a saber, Patrimonio Cultural e o concello. A día desta resolución, non consta no expediente resposta do organismo afectado, é dicir, Augas, á solicitude do condicionado solicitado.

5. O 13 de marzo de 2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. Lexislación de aplicación:

1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

3. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

4. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

5. Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

6. Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

7. Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

8. Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

9. Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

10. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

11. Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

– LMTS a 15 kV, de 24 metros, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, coa orixe no PA/S proxectado no apoio número 76-20-CT existente da liña DVL-805 (liña Allo) e remate no CTC proxectado.

– CT Cha da Mariña compacto prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, unha relación de transformación de 15.000/400-230 V e configuración 2L+1P. Desmantelamento do CTI existente tipo intemperie sobre pórtico CT Cha da Mariña (15AN04) no apoio existente número 76-20-CT.

4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume sinaladas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. Respecto da alegación formulada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), mediante o escrito do 13 de outubro de 2022, esa entidade solicita que se inadmita ou, se é o caso, se denegue a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública e alega en síntese o seguinte:

– O proxecto técnico vén asinado por un enxeñeiro técnico industrial sen especificar a súa especialidade.

– As competencias profesionais dos enxeñeiros técnicos industriais son distintas dos enxeñeiros industriais. Nas atribucións profesionais dos enxeñeiros técnicos industriais rexe o principio de especialidade técnica.

– Os enxeñeiros técnicos terán as facultades e atribucións no exercicio da súa profesión dentro do ámbito da súa respectiva especialidade técnica.

– O ICOIIG engade que, cando non consta acreditada a especialidade do enxeñeiro técnico industrial que redactou e asinou o proxecto, implica un impedimento para apreciar favorablemente a competencia do dito enxeñeiro.

6. A empresa promotora respondeu ás alegacións do ICOIIG e presentou a certificación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña, en que se establece que a técnica proxectista posúe a titulación de Enxeñeira Técnica Industrial, especialidade en Electricidade.

7. Á vista da alegación presentada e a resposta da empresa promotora, considérase que:

– Segundo a Sentenza do Tribunal Supremo STS 4337/2021, respecto das competencias dos enxeñeiros técnicos industriais, establece o seguinte: «... a facultade de redactar proxectos non corresponde exclusivamente aos enxeñeiros superiores, xa que os enxeñeiros técnicos industriais tamén poden asinar determinados tipos de proxectos sempre que a potencia e envergadura se atope dentro dos límites que establece o Real decreto lei 37/1977, do 13 de xuño. As atribucións dos enxeñeiros técnicos industriais delimítanse entre sí polo principio de especialidade de cada un deles: mecánica, electricidade, química industrial, téxtil e electrónica industrial, segundo a súa diferente titulación». «...Non teñen atribucións absolutas senón as que lles atribúe a súa titulación...». «...O límite de competencia profesional relativo á tensión será de 66,000 voltios cando as instalacións se refiran a liñas de distribución e subestacións de enerxía eléctrica».

– No expediente consta documentación acreditativa da competencia profesional da técnica proxectista para a elaboración do proxecto técnico presentado.

8. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles as persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 5 de abril de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña