Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2023 Páx. 27088

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2023 pola que se aproba e se fai pública a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do proceso para cubrir, polo sistema de libre acceso, as prazas de persoal investigador empregado no marco extraordinario de estabilización de emprego temporal.

Mediante a Resolución reitoral do 7 de decembro de 2022 (DOG do 21 de decembro e BOE do 6 de febreiro de 2023), convócanse probas selectivas para cubrir, polo sistema de libre acceso, as prazas de persoal investigador contratado no marco extraordinario da estabilización do emprego temporal.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, foi declarada aprobada e fíxose pública a relación provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas pola quenda de acceso libre.

RESOLVO:

Primeira. Declarar aprobada e facer pública a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas para a quenda de acceso libre.

Segundo. Indicar que a citada relación definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: http://imaisd.usc.es/seccion.asp?i=gl&s=-2-26-128-364

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela/Lugo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de anuncios da USC, de conformidade cos artigos 46 e 8.2.a) da Lei da xurisdición contencioso-administrativa, aprobada pola Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou a resolución. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente sinalado mentres non exista resolución expresa ou presunta do recurso contencioso-administrativo de reposición, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela