Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2023 Páx. 26865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 14 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2021/250-1.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas e, particularmente, as relacionadas no anexo que segue a este escrito, ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA Instalación de reconectador TC no apoio nº 34-3/1 da LMTA SNT821, no concello de Ames (expediente IN407A 2021/250-1), acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do mencionado concello, seguindo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 14 de abril de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/250-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTA instalación de reconectador TC no apoio nº 34-3/1 da LMTA SNT821.

Concello: Ames.

Nº predio

Concello

Lugar

Datos catastrais

Titular

Data

Hora

2

Ames

Gándara

Polígono: 511. Parcela: 141

Descoñecido

6.7.2023

10.45