Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2023 Páx. 26819

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 30 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ares (expediente IN407A 2022/376-1).

Expediente: IN407A 2022/376-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMT VDC-707-apoio AOK3777R//30-21.

Concello: Ares.

1. Características técnicas:

Modificación do treito da liña VDC-707 (antes, VDC-704) de 245,6 metros de lonxitude en condutores tipo LAC-28 e LA-56, comprendido entre os seus apoios nº 30-20 (matrícula: AOM5IS14) de formigón tipo AM-AG-HV-1000/15-CR1-CAI e nº 30-22 (matrícula: AOHP4SPI) de formigón tipo S-AL-HV-300/12-B1-CRSIII, consistente en:

– Substitución do apoio nº 30-21 (matrícula: AOK3777R) de formigón tipo AM-AG-NB-500/12-B1-CAI, polo novo apoio metálico tipo AM-C-2000/14-H35-CAIII(CS), en que se desmontarán os elementos de protección e manobra tipo SXS existentes e se instalarán un paso aéreo-soterrado (PA/S) e un interruptor telecontrolado dotado de xogo de pararraios autoválvulas. O emprazamento do novo apoio proxéctase baixo a actual traza da liña VDC-707 cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 30-20 respecto do emprazamento do actual apoio nº 30-21, na parcela con referencia catastral 15004A007000360000YE sita no lugar de Raso.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 24 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1 x 240 mm2 Al), coa orixe no novo paso aéreo-soterrado (PA/S) anterior e remate en cela de liña do CT Raso praia (expediente IN407A 2013/2-1/matrícula: 15CJSH).

– Retensado do condutor tipo LAC-28 (condutor existente) no van da liña VDC-707 de 126 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 30-20 existente e o novo apoio nº 30-21.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no van da liña VDC-707 de 119,6 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 30-21 e o apoio nº 30-22 existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 30 de marzo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Regulamentación LMT VDC-707-apoio AOK3777R//30-21

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Ares

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Josefina Victoria e

Manuel Vales Álvarez / Ricardo Vales Carregado

15004A007000360000YE

Polígono 7, parcela 36

Raso

Novo apoio nº 30-21

2

Rústico. Agrario.