Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2023 Páx. 26922

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para a ordenación de volumes no ámbito EL-8/QG do Plan xeral de ordenación municipal da Coruña (expediente 631/2023/40).

A Xunta de Goberno local, na sesión que tivo lugar o 29 de marzo de 2023, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Estudo de detalle para a ordenación de volumes no ámbito EL-8/QG do PXOM da Coruña. Xaneiro 2023, promovido pola Axencia Galega de Infraestruturas e redactado por Monteoliva Arquitectura, S.L.P.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que considere convenientes.

A documentación estará á disposición no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello na epígrafe de información urbanística; na web de Urbanismo, na epígrafe exposición pública, e no visor Desenvolvemento do planeamento. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), Departamento de Planeamento, das 9.00 ás 13.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 4 de abril de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade