Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2023 Páx. 26776

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, pola que se publica a Resolución do 21 de abril de 2023 de asignación do concerto social da prestación do servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, e dos programas comunitarios de alzhéimer vinculados ao servizo de atención diúrna terapéutica nos centros da Rede pública autonómica de centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, de titularidade da Xunta de Galicia para o período 2023-2027 (código de procedemento BS214A).

No Diario Oficial de Galicia núm. 49, do 10 de marzo de 2023, publicouse a Orde do 27 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a prestación do servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, e dos programas comunitarios de alzhéimer vinculados ao servizo de atención diúrna terapéutica nos centros da Rede pública autonómica de centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, de titularidade da Xunta de Galicia, para o período 2023-2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS214A).

Finalizada a tramitación, de conformidade co artigo 15 da citada orde, a resolución dos concertos sociais, tras a proposta, correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, que resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude.

Así mesmo, o artigo 16 establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia de conformidade co establecido no artigo 45 da Lai 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concertación, que terá os efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 21 de abril de 2023, ditada no procedemento BS214A, de asignación de concerto social da prestación do servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, e dos programas comunitarios de alzhéimer vinculados ao servizo de atención diúrna terapéutica nos centros da Rede pública autonómica de centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, de titularidade da Xunta de Galicia para o período 2023-2027, que se anexa a esta resolución.

Segundo. Comunicar que a dita Resolución do 21 de abril de 2023, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Unha vez publicada esta resolución, procederase á formalización do concerto social coas entidades que foron seleccionadas para a asignación do concerto social.

A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2023

Antonio Acevedo Prado
Director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria

ANEXO

Resolución do 21 de abril de 2023 de asignación de concerto social da prestación do servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, e dos programas comunitarios de alzhéimer vinculados ao servizo de atención diúrna terapéutica nos centros da Rede pública autonómica de centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, de titularidade da Xunta de Galicia para o período 2023-2027 (código de procedemento BS214A)

O 10 de marzo de 2023 publícase, no Diario Oficial de Galicia núm. 49, a Orde do 27 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a prestación do servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, e dos programas comunitarios de alzhéimer vinculados ao servizo de atención diúrna terapéutica nos centros da Rede pública autonómica de centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, de titularidade da Xunta de Galicia, para o período 2023-2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS214A).

Concorren ao procedemento as entidades xestoras dos servizos ofertados no concerto social a través da presentación das solicitudes.

O artigo 13 da orde de convocatoria establece que:

«1. De acordo co disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, nesta convocatoria teranse en conta como criterio de preferencia, de acordo co principio de continuidade, os servizos ocupados mediante contratos ou fórmulas de colaboración.

2. Nestes supostos, de conformidade co establecido no punto anterior, producirase a concertación directa do servizo coas súas entidades xestoras, sen aplicar os criterios de valoración previstos no artigo seguinte desta convocatoria, no caso de que estas entidades presenten a correspondente solicitude de participación».

De acordo co establecido no artigo 12, constitúese a Comisión de Valoración que emite o correspondente informe, onde constata que as entidades presentadas cumpren os requisitos establecidos nos artigos 4 e 5 da orde de convocatoria e que todas as entidades solicitantes estaban a prestar o servizo obxecto de concertación a través dos correspondentes contratos, procedendo a concertación directa.

Con base no anterior, o 17 de abril de 2023, a Subdirección Xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna de Maiores emite proposta de resolución.

Vista a proposta da Subdirección Xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna de Maiores de conformidade coa referida Orde do 27 de febreiro de 2023, e fiscalizada esta, e facendo uso das facultades previstas no artigo 15 da orde,

RESOLVO:

Primeiro. Acordar, en aplicación do artigo 13 da Orde do 27 de febreiro de 2023, a asignación do concerto social para a prestación do servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, e dos programas comunitarios de alzhéimer vinculados ao servizo de atención diúrna terapéutica nos centros da Rede pública autonómica de centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, de titularidade da Xunta de Galicia, para o período 2023-2027, ás entidades que figuran no anexo I polas contías que figuran no anexo II, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312D.228.1.

Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos sociais, concertación directa.

Prazo de execución: o prazo de duración dos concertos sociais será de catro anos desde a súa formalización, que se pode renovar de conformidade co disposto no artigo 19 da Orde do 27 de febreiro de 2023.

Segundo. Asinar os concertos sociais coas entidades sinaladas nos anexos dentro dos 30 días seguintes ao da publicación desta resolución de concertación, segundo o indicado no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos de notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2023. A conselleira de Política Social e Xuventude. P.D. (Artigo 15 da Orde do 27.2.2023; Diario Oficial de Galicia núm. 49, do 10 de marzo). Antonio Acevedo Prado, director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria.

ANEXO I

Entidade

CIF

Nº rexistro da entidade no RUEPSS

Nº rexistro do centro no RUEPSS

Centro

Enderezo

Prazas de atención diúrna

Prazas de transporte

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (Afal) Ferrolterra

G15620628

E1072

E-O-C-160

Centro de día de alzhéimer de Ferrol

Estrada Alta do Porto, s/n, Ferrol, A Coruña

40

55

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias de Lugo (Afalu)

G27285980

E1648

E-O-C-96

Centro de día de alzhéimer de Lugo

Rúa Xoana a Louca, nº 27, Lugo, Lugo

40

55

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias do Morrazo (Afamo)

G36368488

E1375

E-O-C-99

Centro de día de alzhéimer de Moaña

Rúa María Martín, nº 1. Urbanización O Rosal, Moaña, Pontevedra

40

55

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias de Pontevedra (Afapo)

G36461697

E1974

E-O-C-172

Centro de día de alzhéimer de Pontevedra

Rúa Pedro Sarmiento de Gamboa, nº 5, Pontevedra, Pontevedra

35

48

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias de Lugo (Afalu)

G27285980

E1648

E-O-C-167

Centro de día de alzhéimer de Ourense

Rúa Bernardo González Cachamuíña, nº 18, baixo, Ourense, Ourense

30

45

Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (Agadea)

G15483498

E0818

E-O-C-161

Centro de día de alzhéimer de Ribeira

Rúa Cardenal Cisneros, nº 1, Ribeira, A Coruña

35

48

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias de Galicia (Afaga)

G36776920

E0411

E-O-C-95

Centro de día de alzhéimer de Vigo

Avenida de Beiramar, nº 51, Vigo, Pontevedra

40

55

Programa comunitario de alzhéimer vinculado ao Centro de día de alzhéimer de Vigo, Pontevedra

24

24

Cruz Roja Española

Q2866001G

E0023

E-O-C-98

Centro de día de alzhéimer Celeiro-Viveiro

Rúa Ramón Canosa, nº 7, Celeiro, Viveiro, Lugo

20

27

Programa comunitario de alzhéimer vinculado ao Centro de día de alzhéimer

de Lugo

10

10

ANEXO II

Entidade

CIF

Centro

Anualidade 2023 (8 meses)

Orzamento

Anualidade 2024

Orzamento

Anualidade 2025

Orzamento

Anualidade 2026

Orzamento

Anualidade 2027
(4 meses)

Orzamento (€)

Achega
Xunta (€)

Orzamento (€)

Achega
Xunta (€)

Orzamento (€)

Achega
Xunta (€)

Orzamento (€)

Achega
Xunta (€)

Orzamento (€)

Achega
Xunta (€)

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (Afal) Ferrolterra

G15620628

Centro de día de alzhéimer de Ferrol

396.076,00

316.860,80

586.956,00

469.564,80

586.956,00

469.564,80

586.956,00

469.564,80

193.266,00

154.612,80

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias de Lugo (Afalu)

G27285980

Centro de día de alzhéimer de Lugo

396.076,00

316.860,80

586.956,00

469.564,80

586.956,00

469.564,80

586.956,00

469.564,80

193.266,00

154.612,80

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias do Morrazo (Afamo)

G36368488

Centro de día de alzhéimer de Moaña

396.076,00

316.860,80

586.956,00

469.564,80

586.956,00

469.564,80

586.956,00

469.564,80

193.266,00

154.612,80

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias de Pontevedra (Afapo)

G36461697

Centro de día de alzhéimer de Pontevedra

346.292,60

277.034,08

513.410,60

410.544,40

513.410,60

410.544,40

513.410,60

410.544,40

168.974,10

135.179,28

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias de Lugo (Afalu)

G27285980

Centro de día de alzhéimer de Ourense

305.274,00

244.219,20

452.394,00

361.915,20

452.394,00

361.915,20

452.394,00

361.915,20

148.959,00

119.167,20

Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer (Agadea)

G15483498

Centro de día de alzhéimer de Ribeira

346.292,60

277.034,08

513.410,60

410.544,40

513.410,60

410.544,40

513.410,60

410.544,40

168.974,10

135.179,28

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias de Galicia (Afaga)

G36776920

Centro de día de alzhéimer de Vigo e programa

520.376,80

416.301,44

771.160,80

616.928,64

771.160,80

616.928,64

771.160,80

616.928,64

253.918,80

203.135,04

Cruz Roja Española

Q2866001G

Centro de día de alzhéimer Celeiro-Viveiro e programa

248.734,40

198.987,52

368.606,40

294.885,12

368.606,40

294.885,12

368.606,40

294.885,12

121.370,40

 97.096,32