Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2023 Páx. 26880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 22 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican actos administrativos ditados no expediente 2023/24/27.

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por descoñecer o lugar de notificación, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo para notificarlle os actos administrativos ditados no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil e demais normas de aplicación que figuran no dito anexo.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada ou do seu representante, debidamente acreditado, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Xuventude, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para coñecer o contido íntegro dos actos administrativos, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas. Advírtese de que, de non facelo, se terá por notificada no vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que o acto de resolución poderá ser impugnado ante o xulgado de primeira instancia desta cidade que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde a súa notificación, practicada por comparecencia, sen necesidade de presentación de reclamación administrativa previa ante a Consellería de Política Social e Xuventude, segundo o artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Así mesmo, advírtese que desde o día seguinte ao da notificación do acto de comunicación do inicio do trámite de audiencia, practicada por comparecencia, terá dez (10) días hábiles para presentar as alegacións, suxestións e/ou documentación que considere procedentes.

Lugo, 22 de marzo de 2023

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2023/24/27.

Persoa interesada: P520853.

Actos administrativos que se notifican:

– Establecemento urxente de medida administrativa do día 13 de marzo de 2023.

– Comunicación do inicio do trámite de audiencia do día 14 de marzo de 2023.