Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2023 Páx. 26871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 14 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas, por comparecencia, en expedientes sancionadores, en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (expediente ANI-CO-0005/2023-V).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces, son emprazadas as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

Polo que, por medio deste anuncio, os actos administrativos, ditados en relación cos procedementos sancionadores en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (Lei 4/2017, do 3 de outubro, DOG núm. 194, do 11 de outubro e BOE núm. 263, do 30 de outubro), sonlles notificados ás persoas indicadas no anexo.

Para o coñecemento íntegro de tal acto e a constancia deste, as ditas persoas interesadas, poderán comparecer no prazo e lugar que se sinalan a seguir:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Logo de transcorrer o devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 14 de abril de 2023

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa interesada/DNI/NIE/NIF

Acto de notificación

ANI-CO-0005/2023-V

DNI 44820313Y

Acordo de inicio