Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2023 Páx. 26584

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 25 de abril de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 22 de marzo de 2023, pola que se regulan e se convocan as subvencións do Programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2023 (código de procedemento PR925A).

BDNS (Identif.): 683853.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Modificación do prazo de presentación de solicitudes

Modifícase o prazo de presentación de solicitudes ata o 12 de maio de 2023, incluído, polo que resulta ampliado o prazo regulado no artigo 8 das bases reguladoras da citada resolución.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2023

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración