Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2023 Páx. 26494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Oia (expediente IN407A 2023/157-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTA, LMTS ROS805, CTC Laxes, substitución do apoio 903MCHHM//115-1 e ITC.

Situación: Oia.

Características técnicas:

– Substitución do apoio 9O3MCHHM//115-1 da LMTA ROS805, en Mougás, por un apoio C-3000/14, no cal se instala un interruptor telecontrolado.

– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 258 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9O4NIB2J//115 e final no apoio existente 9O16IVNW//115-2.

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 573 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-3000/14, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro de transformación (CT) proxectado.

– Centro de transformación a 100 kVA, con RT de 20 kV/400 V, situado nas parcelas con referencia catastral 36036A008001330000QK e 36036A008001340000QR, no camiño das Cambas, nº 16-18.

A instalación está situada en Laxes, na parroquia de Mougás, no concello de Oia (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 29 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/157-4.

Denominación: LMTA, LMTS ROS805, CTC Laxes, substitución do apoio 903MCHHM//115-1 e ITC.

Concello: Oia.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CT

Afeccións

ml aér.

ml sub.

m² aér.

m² sub.

1

As Cambas

Rústico

36036A008001330000QK

María Domínguez Cuevas

CT

7,48

0,73

1,42

2

As Cambas

Rústico

36036A008001340000QR

José Arriscado Aguado e Olimpia Fernández Aguado

CT

7,48

0,73

1,52

3

As Cambas

Rústico

36036A008000990000QO

Elia Rodríguez González

2,13

3,76

4

Galgeiro

Rústico

36036A011007020000QT

Cayetano Miniño Rodríguez

2,81

1,89

5

Galgeiro

Rústico

36036A011007010000QL

Alejandro Rodríguez Rodríguez

26,53

24,85

6

Muro

Rústico

36036A011000030000QO

Josefina Pérez Domínguez

7,38

3,81

7

Calqueiros

Rústico

36036A011000040000QK

José Granja Rodríguez e María Granja Rodríguez

Apoio 12

1,44

59,70

106,14