Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2023 Páx. 26491

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 12 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública o plan de restauración da concesión da explotación denominada Castañeiro I número 4267, no concello de Carballeda de Valdeorras, provincia de Ourense.

Para os efectos previstos no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas, de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13 de xuño), esta xefatura territorial

acorda:

Someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do presente acordo, o plan de restauración da concesión de explotación denominada Castañeiro I número 4267, no concello de Carballeda de Valdeorras, provincia de Ourense, promovido por Ipiga, S.L.

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo dito plan poderán examinalo nas dependencias desta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, 1, 3º, 32003 Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no portal da dita consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

Así mesmo, poderán formular as súas alegacións por escrito ante este órgano administrativo, que se presentarán en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido o período de información pública, proseguirase coa tramitación do citado plan de restauración, cuxa autorización compete á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, ao abeiro do establecido na Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas.

Ourense, 12 de abril de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense