Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2023 Páx. 26393

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, convocadas pola Resolución do 26 de decembro de 2022 e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento SI427A).

Mediante a Resolución da Secretaría Xeral da Igualdade, do 26 de decembro de 2022 (DOG núm. 13, do 19 de xaneiro de 2023), establecéronse as bases reguladoras e convocáronse para o ano 2023 as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Segundo o artigo 14.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas na Secretaría Xeral da Igualdade, avaliadas as solicitudes pola Comisión de Valoración prevista no artigo 12.2 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor, e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións para o desenvolvemento de programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, que se indican no anexo I, pola contía resultante logo da aplicación do establecido no artigo 5.8 das bases reguladoras, por un importe total de 1.394.150,31 euros, con cargo á aplicación orzamentaria que se indica a seguir:

Aplicación

Código proxecto

Importe

11.20.313B.481.2

2023 00096

1.394.150,31

Segundo. No anexo II relaciónanse as solicitudes que quedan na lista de espera segundo a orde de puntuación e que, de ser o caso, poderán ser atendidas a través do crédito que quede sen comprometer por producirse algunha renuncia, por modificación nos proxectos inicialmente presentados ou por un incremento do crédito orzamentario dispoñible destinado a estas subvencións. Para estes efectos, poderanse realizar sucesivas propostas de resolución.

Terceiro. Excluír as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa específica, por non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 11.1 das bases reguladoras, ou ben por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases.

Cuarto. Informar as entidades beneficiarias do seguinte:

a) Estas axudas están cofinanciadas nun 60 % polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do alicerce europeo de dereitos sociais; prioridade 2, Inclusión social e loita contra a pobreza; obxectivo específico h-Fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos; medida 2.h.03-Programa de atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

b) De acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras, estas subvencións son incompatibles con calquera outra axuda pública para a mesma actuación ou actividade.

Se a actuación subvencionada xera ingresos como consecuencia de achegas das participantes, taxas de inscrición, matrículas ou equivalentes, o seu importe será deducido do gasto subvencionable no momento da concesión da axuda, en atención aos declarados na solicitude de subvención. Para o caso de que os ingresos obtidos non se fagan constar na solicitude ou sexan superiores aos declarados nela, a dedución farase ou reaxustarase no momento do pagamento final.

c) As beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigos 19 (Obrigas das entidades beneficiarias) das bases reguladoras, e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.

d) No artigo 21 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, de ser o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.

e) Unha vez notificada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación e comprometerse a executar o programa ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

f) De acordo co establecido no artigo 18.2 das bases reguladoras, realizarase un primeiro pagamento do 90 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez realizada a notificación da resolución de concesión. As entidades beneficiarias quedan exoneradas da obriga de constituír garantías.

O 10 % restante, ou a parte que corresponda, librarase logo da xustificación, por parte das entidades beneficiarias, do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas nas bases reguladoras.

g) O período de referencia para o desenvolvemento do programa e para a imputación dos gastos subvencionables é o comprendido entre o 1 de setembro de 2022 e ata o 31 de agosto de 2023, ambos incluídos.

h) A data límite para a presentación da documentación xustificativa necesaria para proceder ao pagamento da subvención é o 12 de setembro de 2023.

i) As actuacións correspondentes aos programas subvencionados xustificaranse a través das modalidades de custos simplificados consonte o disposto nos artigos 53, 55 e 56 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, segundo módulo ou custo unitario por hora efectivamente traballada, calculado sobre o correspondente custo directo de persoal, máis un 20 % en concepto de gastos directos e indirectos derivados do programa, segundo o establecido no artigo 5.5 das bases reguladoras.

Quinto. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a secretaria xeral da Igualdade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2023

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO I

Concesións

Nº expediente

Entidade

NIF

Programa

Data inicio programa

Data fin programa

Nº horas totais imputadas ao programa

Nº mínimo usuarias

Nº mínimo usuarias atención continuada

Ptos.

Intensidade axuda

Importe concesión (€)

SI427A 2023/05

Asociación Alume Saúde Mental

G27198977

Pluriasistencia de apoio e rehabilitación con aloxamento para mulleres en situación de especial vulnerabilidade

1.9.2022

31.8.2023

1.720

15

15

74

70 %

26.227,29

SI427A 2023/06

Asociación Amicos

G15747678

Programa mulleres, discapacidade e prevención do maltrato

1.9.2022

31.8.2023

1.720

40

24

77

80 %

31.744,32

SI427A 2023/08

Asociación de Coaching para el Desarrollo Social y Comunitario Daleth

G70480595

Programa Daleth 2022/23 para mulleres en situación de especial vulnerabilidade: Bolboreta 7.0

1.9.2022

31.8.2023

1.704

40

24

81

80 %

31.994,98

SI427A 2023/10

Asociación Íntegro para la Diversidad Funcional de las Comarcas de Bergantiños de Soneira e Fisterra

G15173263

PIMD rural

1.9.2022

31.8.2023

1.012

24

14

82

80 %

17.801,62

SI427A 2023/11

Asociación Participacción

G32477127

Abrindo cancelas con flores

1.11.2022

31.8.2023

519

12

7

84

80 %

8.674,36

SI427A 2023/12

Asociación Redmadre Ourense

G32394082

Nais e fill@s

1.9.2022

31.8.2023

1.428

33

20

79

80 %

22.059,42

SI427A 2023/13

Asociación Redmadre Coruña

G70180229

Briana

1.9.2022

31.8.2023

1.714

40

24

74

70 %

28.550,44

SI427A 2023/14

ONG Mestura

G15940414

Neneiras 2022/2023

1.9.2022

31.8.2023

2.128

49

29

94

90 %

40.000,00

SI427A 2023/15

Asociación Síndrome de Down Teima de Ferrol

G15458060

Mulleres teimudas: apoio na etapa adulta ás mulleres con síndrome de Down e discapacidade intelectual

1.9.2022

31.8.2023

875

20

12

72

70 %

14.575,05

SI427A 2023/16

Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer-Agadea

G15483498

Coidando na igualdade

1.10.2022

31.8.2023

946

22

13

76

80 %

16.851,86

SI427A 2023/17

Asociación Raíña Paraíso

G70461009

Eco-Elas III

1.9.2022

30.8.2023

1.920:30

45

27

76

80 %

36.560,18

SI427A 2023/19

Acción Familiar Ferrol (AFA Ferrol)

G15745466

Reinvéntate-programa de apoio integral a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

20.1.2023

31.8.2023

318

7

4

85

90 %

6.465,42

SI427A 2023/20

Asociación Aliad Ultreia

G27021120

Senlleiras

1.9.2022

31.8.2023

1.680:45

39

23

90

90 %

35.995,61

SI427A 2023/21

Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia-Feafes

G15545353

Atención integral a mulleres con problemas de saúde mental en situación de vulnerabilidade

1.9.2022

31.8.2023

1.909

44

26

72

70 %

27.917,98

SI427A 2023/22

Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de

Galicia-Fademur

G70101647

Servizo integral para mulleres do rural en situación de vulnerabilidade

1.9.2022

31.8.2023

1.752

41

25

88

90 %

36.329,73

SI427A 2023/25

Auxilia Delegación Lugo

G08317059

Diversas pero iguais VIII

1.9.2022

31.8.2023

500

12

7

85

90 %

10.708,20

SI427A 2023/26

Asociación Viúvas María Andrea

G32014334

Apoiando na soidade

1.9.2022

31.8.2023

1.380

32

19

80

80 %

26.089,46

SI427A 2023/30

Fundación Amigó

G81454969

Acompañando

1.10.2022

31.8.2023

1.680

39

23

80

80 %

31.981,82

SI427A 2023/32

Agrupación de AA.VV. do Rural e da Periferia do Concello de Ourense-Miño

G32408023

Rede veciñal de mulleres

1.9.2022

31.8.2023

998

23

14

87

90 %

18.765,20

SI427A 2023/33

Federación Provincial de Mulleres Rurais de

Ourense-Femuro

G32237869

Tecendo oportunidades

1.9.2022

31.8.2023

1.011

24

14

95

90 %

21.651,98

SI427A 2023/34

Asociación Puntodelas-Secretariado das Mulleres

G70370119

Escola itinerante de igualdade

1.9.2022

31.8.2023

2.976

69

41

87

90 %

40.000,00

SI427A 2023/37

Ecos do Sur

G15354483

Apoio a nais

1.9.2022

31.8.2023

1.700

40

24

82

80 %

32.046,61

SI427A 2023/40

Asociación Mirabal

G70312954

Programa Mimosa 2022/2023

1.9.2022

31.8.2023

870

20

12

77

80 %

15.095,33

SI427A 2023/41

Asociación Nós Mesmas

G27718907

Para nós. Servizo integral de atención a mulleres trans

1.1.2023

31.8.2023

1.667:36

39

23

78

80 %

31.745,77

SI427A 2023/45

Asociación Penitenciaria Concepción Arenal

G27119809

Atención integral a mulleres en situación pre-intra e post-penitenciaria e familias afectadas

1.9.2022

31.8.2023

1.680

39

23

84

80 %

31.981,82

SI427A 2023/46

Asociación Labregas

G15945686

Sensibilización e prevención social e dinamización comunitaria

1.9.2022

31.8.2023

2.984

69

41

84

80 %

40.000,00

SI427A 2023/47

Union Xeral de Traballadores de Galicia-UGT

G15383011

Servizo de atención a mulleres inmigrantes e emigrantes retornadas

1.9.2022

31.8.2023

1.561

36

22

76

80 %

29.716,45

SI427A 2023/48

Asociación de Ayuda a los Toxicómanos Érguete

G36642726

Intervención desde unha perspectiva de xénero con mulleres reclusas ou exreclusas Mírate

1.9.2022

31.8.2023

1.680

39

23

82

80 %

31.981,82

SI427A 2023/51

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer y otras demencias de

Galicia-Afaga Alzheimer

G36776920

Programa de atención integral a mulleres coidadoras de persoas con demencia

1.9.2022

31.8.2023

2.905

68

41

95

90 %

40.000,00

SI427A 2023/54

Cáritas Diocesana de Tui-Vigo

R3600368I

Agarimo VIII

1.9.2022

31.8.2023

650

15

9

80

80 %

12.373,92

SI427A 2023/56

Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama

G36380301

Forza rapazas 2023! Programa de apoderamento para mulleres en situación de especial vulnerabilidade

1.9.2022

31.8.2023

1.241

29

17

80

80 %

23.624,67

SI427A 2023/58

Fundación Érguete-Integración

G36861078

Proxecto E.V.A.

(Emprego-Visibilidade-Autonomía)

1.9.2022

31.8.2023

1.826

42

25

80

80 %

31.866,49

SI427A 2023/61

Asociación Red Madre Pontevedra

G27707686

Nais e fill@s

1.9.2022

31.8.2023

1.628

38

23

79

80 %

26.600,45

SI427A 2023/63

Asociación Xarela

Formación-Animación

G32261307

Valor-es

2.1.2023

31.8.2023

1.080

25

15

73

70 %

13.814,03

SI427A 2023/65

Asociación Albores Saúde Mental

G27252279

Iguais en saúde mental III

1.9.2022

9.7.2023

860

20

12

80

80 %

15.333,18

SI427A 2023/66

Valoresc Innovation

G70377585

A tribo de Malala

1.9.2022

31.8.2023

1.416

33

20

77

80 %

22.960,32

SI427A 2023/70

Asociación Andaina Pro Saúde Mental

G70264999

Atención integral para a promoción da autonomía das mulleres no rural con trastorno mental 2023

1.9.2022

31.8.2023

1.075

25

15

77

80 %

20.464,56

SI427A 2023/71

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

Em-póderate

1.1.2023

31.8.2023

1.540

36

22

72

70 %

24.279,95

SI427A 2023/73

Confederación Galega

de Persoas con

Discapacidade-Cogami

G32115941

Servizo de atención especializada á muller con discapacidade

1.1.2023

31.8.2023

2.721:14

63

38

90

90 %

40.000,00

SI427A 2023/75

Asociación Antonio Noche

G15210388

Confeccionando o teu futuro

1.9.2022

31.8.2023

1.850

43

26

78

80 %

31.662,24

SI427A 2023/77

Arelas, Asociación de Familias de Menores e Mocidade Trans de Galicia

G27820182

Apodéra-T

1.1.2023

31.8.2023

1.920

45

27

77

80 %

35.063,81

SI427A 2023/78

Asociación Iris Social

G16824088

Redeiras

1.3.2023

31.8.2023

1.431

33

20

74

70 %

21.817,88

SI427A 2023/79

Fundación Impulsarse para el Desarrollo del Empleo y la Integración Social

G27866763

Gaia IV

22.11.2022

31.8.2023

1.719

40

24

89

90 %

36.166,62

SI427A 2023/81

Asociación de Mulleres

con Discapacidade de

Galicia-Acadar

G70223417

Programa Enrédate, 5ª edición

1.1.2023

30.8.2023

1.551

36

22

75

80 %

29.526,08

SI427A 2023/83

Asociación de Ayuda y Atención al Preso de A Coruña

G15414667

Programa Silvia

1.9.2022

31.8.2023

1.900

44

26

82

80 %

32.169,60

SI427A 2023/86

Asociación Ámbar

G15052434

Oigo. Programa integral de apoderamento e autoxestión para mulleres

1.9.2022

31.8.2023

1.075

25

15

71

70 %

14.599,72

SI427A 2023/88

Asociación Diversidades

G27783950

Donas da cidade

1.9.2022

31.8.2023

1.721

40

24

91

90 %

36.857,63

SI427A 2023/89

Asociación de Ayuda a la

Vida-Ayuvi

G36802536

Ti podes

1.9.2022

31.8.2023

1.735

40

24

79

80 %

33.028,85

SI427A 2023/90

Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución

G27728658

Importas 5

1.10.2022

31.8.2023

937

22

13

87

90 %

18.898,88

SI427A 2023/92

Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo

G27712306

Violencia de xénero, unha realidade oculta

1.9.2022

31.8.2023

1.754

41

25

87

90 %

36.006,66

SI427A 2023/95

ONGD Senvalos

G70610282

Programa Valía

1.9.2022

31.8.2023

1.728

40

24

74

70 %

28.051,84

SI427A 2023/96

Asociación de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer-Tempus

G15681000

Mulleres tecendo redes

10.4.2023

31.8.2023

1.809

42

25

74

70 %

25.470,21

ANEXO II

Lista de espera

Orde

Nº expediente

Entidade

NIF

Programa

Ptos.

1

SI427A 2023/29

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Chantada

G27320225

Gabinete de apoio á muller coidadora

71

2

SI427A 2023/55

Asociación de Mulleres Algueirada de Manzaneda

G32354227

Servizo de atención a mulleres maiores que viven soas ou con persoas dependentes ao seu cargo

71

3

SI427A 2023/60

Asociación de Mulleres Anel

G32207516

Servizo de atención ás mulleres maiores que viven soas ou con persoas dependentes ao seu cargo

71

4

SI427A 2023/39

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia-FAPXG

G15068091

Recursos especializados para mulleres xordas

71

5

SI427A 2023/24

Asociación para o Desenvolvemento Social da Comarca do Deza

G36527745

Ollando cara ao futuro IV

70

6

SI427A 2023/03

Asociación Cultural Os Tres Reinos

G32345274

Por elas

70

7

SI427A 2023/44

Cáritas Diocesana de Ourense

R3200098F

Garatuxa

70

8

SI427A 2023/35

Asociación pola Igualdade e a Coeducación-Apico

G94088549

Programa Apico 2022/2023: plan de loita, información e apoio integral para vítimas de violencia de xénero

69

9

SI427A 2023/38

Asociación de Mulleres Rurais San Miguel de Espiñoso

G32292435

Mulleres grelando comunidade

68

10

SI427A 2023/69

Asociación de Mulleres Rurais de Gomesende

G32266082

Compañeiras de aldea

68

11

SI427A 2023/31

Asociación Down Pontevedra Xuntos Asociación Síndrome de Down

G36164887

Programa de apoderamento e atención integral a mulleres con síndrome de

Down-discapacidade intelectual e familiares mulleres

67

12

SI427A 2023/43

Down Vigo Asociación para el Síndrome de Down

G36697324

Recursos integrais de atención personalizada e grupal de mulleres coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

66

13

SI427A 2023/27

Asociación Pro Saúde Mental A Creba

G156476310

Apoio integral a mulleres con doenzas mentais procedentes do medio rural

66

14

SI427A 2023/57

Asociación Centinelas

G70390745

100 % muller 2023

66

15

SI427A 2023/85

Asociación Arraianas

G70179189

Programa Aloia de atención integral a mulleres migrantes

64

16

SI427A 2023/93

Asociación de Movilidad Humana para la Colaboración y el Desarrollo

G70464334

Centro de apoderamento de mulleres migrantes

63

17

SI427A 2023/28

Asociación Down Ourense

G32311870

Programa de atención integral dirixida a mulleres con discapacidade intelectual e síndrome de Down en particular, para favorecer a súa inclusión no contorno

63

18

SI427A 2023/36

Cáritas Diocesana Santiago

R1500053B

Crianza en activo

62

19

SI427A 2023/07

Asociación Integrados

G165973357

Servizo de formación e integración para mulleres con discapacidade

61

20

SI427A 2023/18

Federación Escolas Agrarias de Galicia EFA

G15299357

SEAP-servizo de emprendemento e asesoramento persoal

61

21

SI427A 2023/67

Fundacion Ronsel

G15752660

Córdoba: apoderamento da muller migrante a través do emprendemento e a creación de redes

60

22

SI427A 2023/01

Coordinadora Proyecto Escan

G73947582

Proxecto Escan

60

23

SI427A 2023/74

Fundación Formavigo

G27753367

Mellorar competencias, capacidades e habilidades laborais e persoais das mulleres en situación de vulnerabilidade

60

24

SI427A 2023/50

Asociación para el Empoderamiento de Personas Vulnerables y/o en Riesgo de Exclusión Social-Aperes

G70573514

Programa Aperes 22/23 de atención a mulleres

59

25

SI427A 2023/80

Casa Santa María de la Esperanza Esclavas Virgen Dolorosa

R3600131A

Programa de apoio para a vida autónoma

59

26

SI427A 2023/82

Colegio Ntra. Sra. de Fátima en Crecente Esclavas de la Virgen Dolorosa

R3600113I

Programa de adquisición de habilidades persoais e mellora da autonomía

59

27

SI427A 2023/68

Unión de Asociaciones de Mujeres Autonómas y

Emprendedoras-UATAE Mujer

G86223153

Emprender e poboar: inserción sociolaboral para mulleres inmigrantes, emigrantes retornadas e refuxiadas

58

28

SI427A 2023/09

Asociación Saúde Mental A Mariña

G27262799

Coidando de min VII

56

29

SI427A 2023/23

Asociación LIMISI

G32302671

Nós: servizo de orientación, información, formación e/ou atención psicolóxica

56

30

SI427A 2023/76

Cruz Vermella Española

Q2866001G

Intervención social con mulleres en situación de especial vulnerabilidade

53

31

SI427A 2023/72

Fundación Meniños

G15551120

Programa de atención perinatal para mulleres en situación de vulnerabilidade social

51

32

SI427A 2023/53

Asociación de Padres o Tutores de Personas con Discapacidad Intelectual de Lugo-Aspnais

G27018365

Programa de igualdade para as mulleres con discapacidade intelectual de Aspnais

48

33

SI427A 2023/87

Fundación CIP

G15849318

Mulleres en igualdade

47

34

SI427A 2023/94

Asociación O Son do Pobo

G94017704

Apoio, asesoramento, seguimento e acompañamento a persoas desfavorecidas en risco de exclusión social

46

35

SI427A 2023/84

Asociación de Mulleres Pedra da Vella

G36837433

Amparando mulleres

45

36

SI427A 2023/52

Asociación E-Deidades para a Integración Laboral e Social da Muller

G27431873

Agro Rede

45

ANEXO III

Solicitudes denegadas e desistidas

Nº expediente

Entidade

NIF

Programa

Causa

SI427A 2023/02

Asociación de Voluntarios de Ayuda a Necesitados-AVAN

G15512502

Vente con nós. Avancemos xuntas

Artigo 4.1.a) das bases reguladoras: a entidade non está inscrita na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

SI427A 2023/04

Asociación Deportiva e Cultural Bolboreta A Coruña Dragon Boat BCS

G67861476

Bolboretas A Coruña

Artigo 4.1.a) das bases reguladoras: a entidade non está inscrita na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

SI427A 2023/42

Asociación Patronato Concepción Arenal

G15030372

Programa de mediación intercultural para mulleres Concepción Arenal

Artigo 11.1 das bases reguladoras: non presenta a documentación requirida mediante a Resolución do 2 de marzo de 2023 (DOG núm. 50, do 13 de marzo).

SI427A 2023/49

Casa Hogar de Santa Isabel Congregación Siervas de la Pasión

R3600454G

Atención psicosocial a mulleres xestantes e/ou con nenos/as menores de dous anos

Artigo 4.1.a) das bases reguladoras: a entidade non está inscrita na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

SI427A 2023/59

Asociación Comité Cidadán Antisida da Coruña

G15279219

Atención personalizada e especializada a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

Artigo 4.1.a) das bases reguladoras: a entidade non está inscrita na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

SI427A 2023/62

Federación Aspace Galicia

G36344950

Aspace-Coñece os teus dereitos: atención especializada a mulleres con parálise cerebral

Artigo 3.1 das bases reguladoras: incompatibilidade de axudas.

SI427A 2023/64

Federación de Asociaciones de Asistencia a Víctimas de Violencia Sexual y de

Género-Famuvi

G80271588

Servizo de atención a vítimas de violencia machista especialmente vulnerables

Artigo 4.1.b) das bases reguladoras: a entidade solicitante non ten domicilio social ou delegación en Galicia.

SI427A 2023/91

Asociación de Caridade Santiago Apóstol

G36204931

Asesoramento a mulleres usuarias do comedor social

Artigo 5.7 das bases reguladoras: non acada unha puntuación mínima de 45 puntos.